Saltar ao contido

Tatiana Soteropoulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTatiana Soteropoulos
Biografía
NacementoNicosia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata

Tatiana Soteropoulos, nada en Nicosia, é unha pintora, ilustradora e deseñadora de moedas greco-chipriota.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Nicosia, Tatiana Soteropoulos instalouse en Grecia coa súa familia logo da invasión turca de Chipre en 1974.

Posteriormente trasladouse aos Estados Unidos para cursar estudos superiores de Belas Artes cunha bolsa Fulbright no Columbus College of Art and Design, de Columbus, Ohio, onde se graduou coa especialidade de Ilustración e Publicidade.[1][2]

Logo da súa formación instalouse permanentemente nos Estados Unidos e fixo traballos independentes para empresas de publicidade e tamén con editoriais, como ilustradora de libros infantís. A súa obra artística foi obxecto de exposicións, tanto individuais como colectivas, en diversas cidades do país, como Nova York, Nova Jersey, Miami e Os Ánxeles, e tamén noutros países, como Chipre, España, Eslovenia, Italia ou Eslovaquia.[1][2]

Ademais, Tatiana Soteropoulos foi elixida polo Banco Central de Chipre para deseñar, xunto co artista estadounidense Erik Maell, os anversos nacionais sese país da serie completa de moedas do euro, desde a dun céntimo ata a de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.[1][2][3][4]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Tatiana Soteropoulos". En Saatchiart.com
  2. 2,0 2,1 2,2 "Tatiana Soteropoulos Arquivado 30 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Artfinder.com
  3. Serie de moedas deseñadas por Tatiana Soteropoulos. Numista.com
  4. "Cyprus: Euro and cent coins". Deutsche Bundesbank. Eusosystem.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]